Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Vigo / Vigo (comarca)
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Rúa Gran Vía, 2
Outra denominación do ben: La Rápida
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Edificio de dez plantas dedicado a vivendas e oficinas obra do arquitecto vigués Francisco Castro Represas.
A súa construción comeza en 1942 pero non será ata sete anos máis tarde, no 1949, cando finalicen as obras. É por isto que no edificio se poden observar distintos estilos arquitectónicos, formas racionalistas xunto con outras neobarrocas rexionalistas, como no caso das balconadas superiores con pináculos, frontóns partidos, volutas, etc., que non aparecen no proxecto orixinal. A estrutura é de formigón armado e os muros de granito.

Ten unha composición simétrica respecto ao ángulo central do edificio. Como elemento orixinal pódese salientar a curvatura das bandas de pedra horizontais que delimitan as fiestras e que conflúen neste ángulo. Así mesmo destaca tamén o tratamento do chafrán que na planta baixa ten formas arredondadas e nos andares superiores presenta un ángulo recto.

Destaca a gran monumentalidade e verticalidade do edificio conferida polos volumes dispostos en chanzos e rematados por unha escultura feita por Jesús Picón copia da Vitora de Samotracia.

O nome de “La Rápida” ven dunha antiga librería que se atopaba nos baixo dos edificio.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://arquitecturavigo.blogspot.com/2007/07/edificio-albo.html
https://www.lookingformaps.com/lugar.php?mapa=Ruta-4-Vigo-Ayer-y-Hoy&lugar=11.a+-+Edificio+Albo&index=24

BIBLIOGRAFÍA
BALDELLOU, Miguel Ángel. Hacia una arquitectura racional española. “Arquitectura española del siglo XX”. Ed. Espasa-Calpe. Madrid. 1995


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.234528981845
Lonxitude: -8.716830611229
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84