
Outra fotografía:
Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Vigo / Vigo (comarca)
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Rúa do Príncipe, 41
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
O edificio, de 1901, foi concibido como un palacete urbano para Estanislao Durán, seguindo esquemas eclécticos de filiación francesa, que se remarcan coa inclusión dunha ostentosa mansarda perforada por bufardas. Como noutros casos é mostra na cidade de Vigo do peso que a burguesía local lle concedía á arquitectura como signo de distinción social. O edificio é obra do arquitecto Manuel Felipe Quintana
O carácter enfático desta arquitectura ponse de manifesto no suntuoso chafrán que remata en elegante cúpula e actúa como enlace de dúas fachadas de disposición similar. A ornamentación, cambiante en cada planta, está sumamente coidada, destacando tamén o excelente traballo de cantería granítica.
En 1924 engadiuse o corpo de planta baixa do extremo da rúa Velázquez Moreno.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://arquitecturavigo.blogspot.com/2009/07/casa-de-estanislao-duran-1901.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.236568474993Lonxitude: -8.7218141555786
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84