Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Vigo / Vigo (comarca)
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Avenida de Gran Vía, 1
Outra denominación do ben: Hotel Lisboa
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

O inmoble, concibido nun principio como edificio de vivendas, amosa un sobrio eclecticismo de gran contención ornamental, pero que non renuncia a un coidado tratamento granítico das fachadas e á monumentalidade imposta polo seu privilexiado emprazamento en ángulo. As fachadas organízanse dun xeito convencional con corpos lixeiramente adiantados, producíndose o enlace mediante un redondeado chafrán que se singulariza no remate cun elegante pavillón de certo sabor “Decó”.
A presenza do autor deste inmoble (Pascual Bravo Sanfeliú) en Vigo relaciónase coa súa colaboración con Antonio Palacios Ramilo. Trala morte do arquitecto porriñés en 1945, o seu amigo José Mouriño Vilas encárgalle este e outros proxectos vigueses a Pascual Bravo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

https://www.lookingformaps.com/lugar.php?mapa=Ruta-4-Vigo-Ayer-y-Hoy&lugar=11.b+-+Hotel+Lisboa&index=25


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.234304573997
Lonxitude: -8.7163853645325
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84