Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Vigo / Vigo (comarca)
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Rúa Urzaiz, 11-23
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Este conxunto de casas, situadas entre os números 11 e 23 da rúa Urzaiz, constitúe un harmónico conxunto representativo da forza que no ensanche vigués tivo o eclecticismo de acentos franceses. O principal promotor foi Benito Sanjurjo Ramírez de Arellano, un dos principais valedores na cidade do arquitecto francés Michel Pacewicz, que nestas vivendas construídas entre medianeiras renuncia uniformar o conxunto. Mantén un similar ritmo compositivo que achega unidade e cada dúas casa varía o tratamento de van, balcóns, miradoiros, bufardas, etc., individualizando a que fai esquina coa rúa República Arxentina. A posterior construcción da Praza de Portugal concedeulle protagonismo ás fachadas posteriores que foron deseñadas con maior sobriedade e contención ornamental.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

A prensa dixital do 30 de outubro de 2022 recolle a nova da próxima rehabilitación deste conxunto arquitectónico no que se recuperarán diversos elementos orixinais dos planos levados a cabo polo arquitecto polaco. Tamén se eliminará a marquesiña instalada no ano 1968 (ver referencia bibliográfica).


Referencias bibliográficas:

REHABILITACIÓN DO EDIFICIO (PRENSA DIXITAL ANO 2022)
https://galego.farodevigo.es/gran-vigo/2022/10/30/casas-pacewicz-urzaiz-volveran-unificar-77901029.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.235408732347
Lonxitude: -8.7185043096542
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84