
Outra fotografía:
Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Vigo / Vigo (comarca)
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Porta do Sol, 11
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Edificación do ano 1911 baixo os planos de Jenaro de la Fuente Domínguez. O conxunto é un exemplo de renovación arquitectónica deste espazo froito das obras de apertura da rúa Elduayen coa conseguinte ampliación da Porta do Sol a finais do s. XIX.
O edificio, promovido polo adiñeirado comerciante Eduardo Pardo Labarta, reflicte a evolución da linguaxe ecléctica do arquitecto Jenaro de la Fuente, que actualizada agora coa contida introdución de decoracións modernistas que conviven coa maioritaria presenza de motivos eclécticos executados con mestría polos canteiros locais.
O edificio, feito en cantaría granítica, posúe baixo, catro andares e baixocuberta. A fachada principal, de estilo ecléctico, amosa unha composición convencional de influencia francesa, reforzada coa presenza dunha mansarda que foi alterada na rehabilitación do inmoble. No tramo central de cada planta destaca a inclusión dunha fermosa galería aberta.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
https://www.lookingformaps.com/lugar.php?mapa=Ruta-4-Vigo-Ayer-y-Hoy&lugar=03.c+-+Edificio+Pardo+Labarta&index=7
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.237927800537Lonxitude: -8.7256205454469
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84