Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Vigo / Vigo (comarca)
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Praza de Compostela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

O edificio, obra do ano 1912 baixo o proxecto de Manuel Gómez Román coa firma de Luis Vidal y Tuasón, amosa unha composición ecléctica que incorpora unha serie de motivos decorativos de ascendencia vienesa. Esta temperada ornamentación exhíbese de forma contida e pregada ao deseño arquitectónico. As formas onduladas e os detalles florais dos ferros dos antepeitos dos balcóns amosan tamén a relación do edificio co novo estilo. A fachada ac olle un novo tipo de miradoiro que terá longa continuidade na arquitetura viguesa. Está formado por un corpo adiantado de parámetros laterais de pedra que se pechan con carpintería de madeira e, neste caso, se enriquecen con franxas cerámicas. Na coroación destacan as orixinais bufardas culminadas en cabezas de león de boa labra, enmarcadas por decoración floral.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialEquipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arquitecturavigo.blogspot.com/2007/09/manuel-gmez-romn.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.239531282371
Lonxitude: -8.7240806221962
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84