
Outra fotografía:

Tipo de ben: Asentamento,
Concello: Sobrado
Parroquia: A Ciadella (Santa María)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:
O recinto campamental é rectangular, coas esquinas redondeadas. Tiña unha extensión idónea para albergar a unha cohorte.
O campamento estaba defendido por unha muralla que cerraba todo o recinto, e un foso.
Os materiales encontrados no campamento son abundantes, destacando a cerámica común romana, vidros, moedas, bronces, obxectos de ferro, utilaxe militar, materiais cerámicos de construción, etc.
A última actuación arqueolóxica levada a cabo neste complexo comezou a inicios do mes de marzo de 2020 (ver referencias bibliográficas)
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA15080019
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SOBRADO/documents/26732ca014.pdf (Páxinas 1 e 2)
http://escavacioncidadela.blogspot.com.es/
http://www.viatorimperi.com/ciadella
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=28091
https://ciadella2020.blogspot.com/
ACTUACIÓN ARQUEOLÓXICA MARZO 2020
Comezan a escavar o campamento romano da Ciadella, en Sobrado
Así será a dignificación do campamento romano mellor conservado de Galicia e un dos máis abandonados
https://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/comeza-intervencion-arqueoloxica-no-campamento-romano-da-ciadella/idEdicion-2020-03-12/idNoticia-1235111/?fbclid=IwAR0TNHdF0eTS-rkUQki0N4YmyOxnBFga1tFJliWOIkBuRwxz-8yo9W0UcEI
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2020/05/22/campamento-romano-ciadella-renace-bajo-la-vegetacion/00031590148453428397792.htm
https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2020/05/23/universidade-vigo-pone-valor-campamento-romano-ciadella-sobrado/0003_202005O23C5994.htm
https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/53107/escavacion-arqueoloxica-impulsada-pola-xunta-uvigo-ciadella-determina-cronoloxia
ACTUACIÓN ARQUEOLÓXICA NOVEMBRO 2021
http://historiadegalicia.gal/2021/11/os-traballos-arqueoloxicos-na-ciadella-volven-tras-un-ano-dos-ultimo-descubrementos/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.0846710121Lonxitude: -8.04277539253
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Alberte.NM says:
Xul 7, 2011
Felicidades e moitas gracias Oscar Franco pola túa contribución sobre un xacemento tan importante como o do campamento romano de Cidadela.
En segundo lugar quería ofecerche a miña axuda para complementar este aporte dándoche un pouco máis de información sobre o depósito arqueolóxico.
O campamento romano de Cidadela é un recinto rectangular de esquinas redondeadas, cunha planta de 172 m. de largo por 140 m. de ancho; é decir, 2’40 Ha. de superficie destinadas á Cohors I Celtiberorum. Sobre á actividade desta cohorte temos noticias gracias á información recabada a través do gran rexistro epigráfico atopado na zona (http://www.eda-bea.es/pub/search_simple.php) que nos dí que este destacamento militar estableceuse en Cidadela dende principios do s. II d.C. ata o s. IV, cando se traslada a Iulobriga (Reinosa, Santander) abandonando así o campamento.
O obxetivo primeiro co que se creou o campamento é o de albergar aos lexionarios desta cohorte que se dedicaban á creación, supervisión e protección da vía XX que unía o porto de Brigantium con Lucus Augusti; explicando así a súa situación estratégica.
Douscentos anos despois do abandono do campamento, temos constancia da recuperación e reaproveitamento dalgunhas estruturas por poboacións xermánicas.
O primeiro que se observa dende a entrada do camiño é a Vía Principalis, ao redor da cal se organiza todo o campamento. Á esquerda da entrada obsérvase un reforozo dunha torre; na que se atopou unha ara dedicada por un oficial (Valerius Lupus) á deusa Fortuna. Cerca deste sector atopáronse os Horrea, ou almacéns do campamento, nos que ainda se está a traballar.
Cara o centro do campamento atopamos o Principia ou cuartel xeneral, no que se poden observar diversas estancias e canles de desaugadoiro. Ao fondo deste recinto atopamos o Aedes que é a basílica con funcións religioso-administrativas do campamento.
Un pouco máis adiante do Principia, encóntrase o Praetorium, ou residencia do xefe da guarnición. Nesta pódense observar estancias como o salón, as letrinas, ou a cociña con forno (plataforma circular).
Entre o Praetorium e o Principia podemos ver un recinto reutilizado en época germánica, na que no seu interior podemos ver unha especie de “arqueta” dando a posibilidade, segundo os especialistas, de que alí exisitise unha igrexa.
No perímetro do campamento tamén podemos ver escavado o Intervallum; que era a zona entre a muralla e as contruccións do campamento cuxo obxetivo era o de salvagardar os edificios en caso de asalto.
Algunha da bibliografía interesante sobre o tema sería:
– CAAMAÑO GESTO, J.M.
1984 Excavaciones en el campamento romano de Cidadela
(Sobrado dos Monxes-Coruña): Memoria preliminar de
la campaña de 1981. Noticiario Arqueológico Hispánico
18, 235-254.
1983 Aportaciones al estudio de la Cohors I Celtiberorum:
Una inscripción militar hallada en el campamento romano
de Cidadela (Sobrado dos Monxes-Coruña). Brigantium
4, 61-71.
1984-85 La cohors I Celtiberorum y su campamento de Cidadela
(Sobrado dos Monxes-Coruña). Cuadernos de
Estudios Gallegos XXXV, 71-79.
1989 Estampillas de la Cohors I Celtiberorum, halladas en el
campamento romano de Cidadela. Gallaecia 11, 209-229.
1990 Vidrios romanos del campamento de Cidadela. Gallaecia
12, 177-190.
1991 O campamento romano de Cidadela (Sobrado dos Monxes-Coruña)”. Larouco 1, 119-123.
– SANTOS YANGUAS, NARCISO
1988 El Ejército y la Romanización de Galicia. Servicio de Publicaciones de la Universidad de Oviedo.
– BARCIELA GARRIDO, P. / REY SEARA, EUSEBIO
2000 Xacementos aqueolóxicos de Galicia. Xerais.
Tendo en conta todo isto, así como o gran rexistro material atopado no campamento, debemos afirmar que é un xacemento de bastante importancia, que ainda ten moito que desvelar xa que so está parcialmente escavado; pero tódolos anos séguense facendo prospeccións que nos aportarán nova información.
Novamente darche as gracias polo teu aporte e o teu interese por esta iniciativa, e agardo que a miña pequena aportación che sirva de algo.
Un saudo.
Oscar Franco says:
Xul 2, 2016
A prensa escrita do 30 de uño de 2016 recolle a noticia da reanudación das excavacións neste emprazamento:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/sobrado/2016/06/30/vivian-400-soldados-romanos/0003_201606H30C8991.htm
Akin says:
Ago 13, 2017
Estiven alí hai uns días: Centro de interpretación pechado e coas xanelas cheas de merda. Abandono.
Pasarela metálica: ocupada polas silvas.
Ferranchos que puxeron para protexelo: ocupando un espazo que non é seu, e servindo para que os paxaros se pousen nel e caguen todo o xacemento. O tento de plástico translúcido roto e caído.
Chan, as silvas comendo boa parte do espazo, por moitos sitios non se podía camiñar. Onde non había silvas estaba cagado de vacas.
Paneis informativos nas pasarelas, sen información.
En conxunto, da todo entre moita pena e moita carraxe. Pena porque o abandono é total. Carraxe porque o único que gañou ahí debeu ser o que contratou toda a ferraxe aberrante que cubre parte do xacemento e que non serve mais que para mal: axudar aos paxaros a cubrir todo de cagadas (e as cagadas de paxaros fan moito mal na pedra) e coas “columnas” ou soportes, incrustrados entre as paredes dos edificios romanos, o que é un xeito aberrante de facer unha cuberta.
Teño fotos, pero ata me da non sei qué poñelas.