Outra fotografía:
Tipo de ben: Hórreo,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña (casco urbán)
Lugar: Parque de Santa Margarida
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Hórreo feito de pedra. Sitúase no lado próximo á zona onde se celebran as romerías.
A cámara presenta ranuras de ventilación verticais con tipoloxía propia do Morrazo. A porta, cas mesma ranuras, sitúase nun lado penal. A cubrición faise con tella curva a dúas augas. Leva sobrepenas e remates: cruz e pináculo. Apoia sobre 8 esteos ou pés de sección cadrada e con chafrán na parte central. Van calzados sobre soleiras.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
O estado do hórreo é bo. No obstante cabe destacar a morea de pedras que se acumulan arredor del. Trátanse dos restos do muíño de vento que había na Gramela. Foi desmontado pedra a pedra e para logo numeralas e trasladalas ao parque nos anos 80 para unha futura reconstrución. Dende entón permanece no olvido e sufrindo as erosións das inclemencias do tempo.
Onde está localizado
Latitude: 43.35996205068031Lonxitude: -8.412458896636963
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Xuñ 5, 2012
O PXOM (1998) vixente na actualidade na Coruña non contén ficha deste hórreo, nerbargante no artigo 4.2.10 da normativa establece a protección deste tipo de ben se a súa antigüidade é de máis de cen anos:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ACORUNA/documents/0152NO023.pdf