Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Mondariz
Parroquia: Vilasobroso (San Martiño)
Lugar: Vilasobroso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro de tipo de crucifixo con plataforma cadrangular de tres chanzos e pedestal cúbico achafranado cun saínte pola parte do reverso da cruz. Encima deste saínte ten un oco para as esmolas e pegado ao varal ten un retablo cunha alegoría ás ánimas do purgatorio. Polo lado dereito do pedestal ten unha inscrición que di:”LO MANDO HAZER Y PINTAR POR SU DEBOZION DOMINGO LORENZO PARAMES.AÑO DE 1801″. O varal é octogonal empezando en cadrado ata o capitel, cadrangular con astrágalo octogonal, con volutas, anxos e flor de acanto, ábaco de lados curvos e vértices achafranados. A súa cruz é cadrangular leñosa e presenta polo seu anverso a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e leva o pano de pureza sen nós. A súa dereita ten un San Francisco en pequeno que sosténnas mans o Santo Graal. Polo reverso da cruz fica a Piedade con Cristo nos brazos. O cruceiro é todo de granito, cun estado regular de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E.: “Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra”. Ed. IR INDO, 1998.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MONDARIZ/documents/0830CA001.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2047711027
Lonxitude: -8.46016466618
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84