Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Toques
Parroquia: Paradela (San Paio)
Lugar: Muruxosa, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico, Calcolítico,
Descrición:

O Dolmen do Forno dos Mouros é un dos exemplos máis fermosos dos monumentos megalíticos galegos. Situado na Serra do Bocelo, preto da aldea da Moruxoa e a unha altitude de 713 m, foi obxeto de varias escavacións arqueolóxicas realizadas pola Universidade de Santiago entre 1987 e 1989.
Monumento sepulcral datado no III milenio a.C., é unha estrutura megalítica con cámara poligonal formada por unha lousa horizontal sostida por sete piares (ortostatos). A lousa da cuberta aparece fracturada pola súa parte septentrional.
A cámara consta dun corredor de acceso de dous tramos e representacións pictóricas no seu interior, nas que destacan motivos en zig-zag en cores vermella e negra dispostas sobre fondo branco.
No verán do ano 2009, o Forno dos Mouros foi obxecto dunha actuación realizada por un equipo do C.E.S.I.C. co fin de velar pola conservación do mesmo, acondicionar o seu contorno e deter a deterioración das pinturas, para o cal se levou a cabo o soterramento preventivo destas. Nesta mesma intervención tamén se reforzou a estabilidade do conxunto.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA15083004
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Nas sucesivas campañas de escavación que se levaron a cabo apareceu material lítico e cerámico. Destacan restos dunha peza excepcional, un vaso campaniforme cordado, con influencias decorativas vinculadas á Bretaña francesa, que demostran as complexas redes de circulación existentes no III milenio.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TOQUES/documents/26309CA001.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9914146
Lonxitude: -7.9864404
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84