
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Oroso
Parroquia: Ánxeles, Os (San Mamede)
Lugar: Sar
Outra denominación do ben: Castro do Cachopal
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O tamén coñecido como Castro do Cachopal está parcialmente destruído, pero aínda conserva unha parte do recinto circular principal do xacemento. No suroeste e oeste conserva un foso de grandes dimensións que está protexido por un terraplén exterior. Tanto o foxo como o recinto están cortados por unha estrada no lado surleste e por vivendas polo norte. A superficie interior do castro está dedicado a terreo de cultivo.
As súas medidas serían as seguintes:
Diámetro N-S: 80 m.
Diámetro L-O: 75 m.
Altura exterior do terraplén oeste: 4-6 m.
Foxo: ancho de 8 a 10 m.
alto de 4 a 6 m.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA15060013
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
A dona da finca conta que hai moito tempo, antes da Guerra Civil, vivían os mouros baixo terra no castro e que posuían unha mina. Tamén fala dun túnel por onde sacaban os cabalos a beber auga na casa que agora está ao outro lado da estrada.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
● P.X.O.M 16/02/2005, Concello de Oroso, Catálogo de Patrimonio.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OROSO/documents/9002CA022.pdf
● Castros de Oroso y alrededores
http://supertamarico.blogspot.com.es/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Destruído en parte para a construción dunha estrada ao leste e unha vivenda ao norte.
Onde está localizado
Latitude: 42.9901002655Lonxitude: -8.33535969268
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Isaac González García says:
Xuñ 5, 2012
Gustoume moito a túa descrición do castro e a da dona do terreo sobre os nosos mouros.
paeiro says:
Xuñ 5, 2012
Grazas, a verdade e que tiven sorte por que hai ben pouco que talaran os carballos que crecián no foxo e puiden sacar unhas boas fotos.
Parece ser que o coto veciño está protexido e non se podía cortar. Pudoxe facer por que as arbores estaban invadindo a propiedade veciña, a do castro.
Por certo, agora me lembro de que afirman que o castro está na fraga en non na leira.