Outra fotografía:
Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Mondariz-Balneario
Parroquia: Mondariz-Balneario (Nosa Señora de Lurdes)
Lugar: Mondariz-Balneario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
O destino fixo que en 1872 chegase a estas paraxes Sabino Enrique Peinador Velador (1847-1917). Aínda que con anterioridade o manancial de Troncoso o empregara con fins curativos Domingo Blanco Lage (1809-1866), foi trala chegada de Peinador cando Mondariz, o seu hotel, o seu balneario e mailas súas augas acadaron sona internacional.
Ata 1924 Mondariz-Balneario era un barrio máis de Mondariz coñecido co nome de Troncoso. Nesa data inicia a súa propia andaina como concello escindido de Mondariz. Ante o crecente auxe de visitantes que experimentaban os mananciais, no ano 1880 abriu unha casa de baños. A afluencia de xente cada vez maior consegue que Peinador mande construí-lo Gran Hotel, inaugurado en 1898.
É, sen dúbida, o edificio emblemático por excelencia da vila, obra de Genaro de la Fuente, a súa monumental fachada de granito provocou que se cualificara como “Pazo das Augas” ou “O Escorial Galego”.
Tres grandes corpos compoñen o edificio; un central e dous laterais unidos en forma dun xigantesco E, aberto á fronte principal. Tanto o exterior como o interior, pórticos, terrazas, escalinatas, salóns,habitacións, mobiliario, decoración, etc. estaban coidados co máis exquisito gusto e refinamento.
Trala Guerra Civil en España, o Balneario entrou nun declive do que foi o fin o pavoroso incendio que acabou co edificio o 9 de abril de 1973. O lume iniciouse no derradeiro andar dunha das esquinas do hotel, onde ficaba situado o almacén de papel das oficinas dunha empresa construtora. As características da construción, fundamentalmente de madeira, fixo que todo el ardera de forma rápida e contundente. Anos máis tarde sería rehabilitado para uso residencial.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
“Libro de ouro do Balneario de Mondariz”. Deputación Provincial de Pontevedra, 1996.
ENLACES WEB
www.fundacionmondarizbalneario.org/patrimonio-detalle/36/60/PROYECTOS DE LOS HERMANOS PEINADOR
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.226181664364475Lonxitude: -8.466178178787231
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
pablo fernández ans says:
Ago 28, 2024
Estatua e placa informativa de D. Enrique Peinador Lines, empresario e xerente do Balneario de Mondariz, situada nos xardíns fronte ó edificio do antigo balneario.
pablo fernández ans says:
Ago 28, 2024
Paaca Informativa D. Enrique peinador Lines.