
Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Cotobade
Parroquia: San Xurxo de Sacos
Lugar: Cernadelo
Outra denominación do ben: yacimiento 24, Laxe de Cernadelo
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Ao pé dun pequeno outeiro atopamos unha laxe de 3,4 x 2,5 m. Orixinariamente contaba con 12 cervos e dúas pequenas combinacións circulares, un deles de maior tamaño que o resto.
Os motivos son moi superficiaís polo que non é non e doado atopalos. Nin sequera no solpor con luz rasante. Aínda así, hoxe en día, apenas se distinguen catro cervos do total.
A 500 m. ao Este atópase a conxunto Lombo da Costa con 37 grupos de petroglifos, destacando a Laxe das Rodas.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36012024
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
● SOBRINO BUHIGAS, R. “Corpus Petroglyphorum Gallaeciae”. Santiago de Compostela: Seminario de Estudos Galegos, 1935. Tab. XXXII.
● GARCÍA ALÉN; PEÑA SANTOS. “Los Gravados Rupestres de la Provincia de Pontevedra” A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1980. ISBN 84-85728-04-1. Outeiro do Cuco, Páx. 42.
● SEOANE-VEIGA, Yolanda “Avaliación do patrimonio cultural nas áreas afectadas polos incendios forestais do ano 2006: Campo Lameiro e Cotobade” Santiago de Compostela : Laboratorio de Patrimonio, Consejo Superior de Investigaciones Científicas, 2011. ISSN: 1579-5349. Páx 253-254.
Disponible en: http://libros.csic.es/product_info.php?products_id=312
● N.S.P. 25/02/1997 Concello de Cotobade, Xacementos Arqueolóxicos. Xacemento 24
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/COTOBADE/documents/0770CA004.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
É moi díficil atopalos, suponse que hai outras cinco rochas, debido a erosión dos mesmos. Están a ras de solo polo que pode verse afectado por futuros lumes.
Onde está localizado
Latitude: 42.5134928034Lonxitude: -8.50752773882
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Estevo says:
Xul 31, 2012
Cómpre retirar ‘Pontevedra’ da información sobre o concello en que está situado
Pablo Eirín says:
Xan 31, 2013
A uns 3 metros cada ao norte, preto duns eucaliptos hai outra rocha redondeada no que se poden apreciar tres pequenas cazoletas bastante próximas. A maior ten un diámetro de 6 cm e a menor de 3,50 cm. Cara ao E moi próxima a laxe do cuco (metro, metro e medio) hay outra laxe con outra cazoleta. Yolanda Seoane-Veiga menciona a rocha coas tres cazoletas no seu informe.
Para que conste.
Oscar Franco says:
Ago 23, 2019
Engado a seguinte referencia web sobre este petróglifo. Un fermoso traballo do amigo Antonio Costa:
https://covadeparalaia.blogspot.com/2019/08/a-laxe-do-cuco.html