Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Coruña
Parroquia: Visma (San Pedro)
Lugar: Labañou
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Trátase dun cruceiro de granito de tipo crucifixo.Ten unha plataforma triangular de tres chanzos sobre a que se asenta directamente un varal de sección cadrada. Presenta estrías lonxitudinais e paramentos recuadrados na base. Nun dos lados aparece en baixorrelevo unha caveira cas tibias cruzadas. Está moi erosionada.
O capitel é de sección cuadrangular. Presenta as mesmas estrías co varal, ten molduras e vai ornamentado con formas de óvalos.
Sobre o capitel érguese unha cruz con brazos de sección rectangular. No anverso aparece o Cristo crucificado con tres cravos. Ten a cabeza ergueita e leva coroa de espiñas. As mans están pechadas e leva o pano de pureza atado á dereita cunha corda. No anverso non hai imaxes.
O cruceiro data do s. XVII. Pertenceu á desaparecida capela de San Roque de Afora.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
MARTÍN RUIZ, L.: «Cruceiros na provincia da Coruña». Vol. II, Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://www.coruna.es/documentos/descarga.jsp?6b7b89e5-de7d-11de-ad6b-11fccb511f30 (páxina 150 de 155)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.375011151915906Lonxitude: -8.425676822662354
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Out 18, 2024
A prensa dixital do mes de setembro de 2024 recolle a nova da restauración deste cruceiro:
https://www.coruna.gal/web/es/actualidad/noticias/noticia/comezan-os-traballos-de-restauracion-do-cruceiro-de-labanou/suceso/1453876099201?argIdioma=es
https://acorunaxa.com/news/o-concello-da-coruna-iniciou-os-traballos-de-restauracion-do-cruceiro-de-labanou/80788/
Engdo tamén a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/150300502.html
e a seguinte referencia bibliográfica:
LAREDO VERDEJO, José M. (1993). Os nosos cruceiros. Boreal – Xuntanza Editorial.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html