
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Cotobade
Parroquia: San Pedro de Tenorio
Lugar: Parada
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Atópase nun outeiro que domina un meandro sobre o río Lérez, no lugar de Parada. Hai un camiño de acceso pola beira leste que nos leva ata a croa. O espazo está cuberto de maleza (toxos, silvas e eucaliptos) que fan difícil distinguir a súa topografía. Aínda que se adiviñan tres niveis. O primeiro de forma irregular parece anchear máis cara ao norte. Sobre este nivel sitúase no seu extremo sur outro nivel no seu extremo sur aproveitando a pendente do outeiro de contorna circular. No centro deste nivel estaría a croa coroando o outeiro.
Xa ao comezo do camiño subida, por detrás da última casa, vense abundantes restos de escombros de pedras de tamano pequeno de derrube dos muros. Ao redor da croa aprecianse o derrube un muro de contención de grandes pedras.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
● Manuel Reboredo Tajes «A cultura castrexa nos vales dos ríos Lérez-Almofrei e Verdugo-Oitavén» Tese de Doutoramento. Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. páx. 318.
● N.S.P. 25/02/1997 Concello de Cotobade, Xacementos Arqueolóxicos. Yacimiento 32
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/COTOBADE/documents/0770CA004.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Empregado na explotación forestal do eucalipto. Hai unha gran acumulación de restos de madeira seca e arbustos que o fan proclive a a ser víctima doutro incencio como o que xa sufriu no 2006.
Onde está localizado
Latitude: 42.48621644532264Lonxitude: -8.565092325297883
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Estevo says:
Xul 31, 2012
Cómpre retirar ‘Pontevedra’ da información sobre o concello en que está situado
paeiro says:
Xul 31, 2012
Xa están todos correxidos. Moitas grazas polo teu interese.
Oscar Franco says:
Mar 31, 2014
A tradición oral recollida no lugar fala que o nome deste castro ten a súa orixe nos tres recintos amurallados, que os veciños bautizaron cos nomes de “rodas” ou “rodelas”