Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: O Grove
Parroquia: Grove, O (San Martiño)
Lugar: Illa da Toxa
Outra denominación do ben: Capela de San Caralampio
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

A Capela da Illa da Toxa foi erixida baixo a advocación da Nosa Señora do Carme. Trátase dunha pequena ermida de planta de cruz cun sinxelo campanario no fronte. Foi construída sobre o lenzo dunha capela anterior do século XII e recuberta con cunchas no XIX.

Consta dunha bóveda de crucería no cruce dos eixos, mentres que os teitos das naves norte e sur son alinteladas. Porén, a leste está formada por unha sucesión de arcos deprimidos.

No altar presenta unha vieira en pedra de gran tamaño e Virxe do Carme, así como dúas vidreiras coas imaxes do apóstolo Santiago e unha santa. Na nave sur, as imaxes de San Caralampio, Santo Antonio de Padua, un anxo e a Virxe do Rosario e tres vidreiras con motivos xeométricos. Na norte, tres vidreiras con motivos xeométricos e as imaxes do Sagrado Corazón de Xesús, Un anxo e outras dúas imaxes de pequeno tamaño.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No altar presenta unha vieira en pedra de gran tamaño e Virxe do Carme, así como dúas vidreiras coas imaxes do apóstolo Santiago e unha santa. Na nave sur, as imaxes de San Caralampio, Santo Antonio de Padua, un anxo e a Virxe do Rosario e tres vidreiras con motivos xeométricos. Na norte, tres vidreiras con motivos xeométricos e as imaxes do Sagrado Corazón de Xesús, Un anxo e outras dúas imaxes de pequeno tamaño.


Tradición oral:

Chamaselle tamén a capilla de San Caralamio, patrón dos borrachos, a causa dunha imaxe do santo que hai na capilla. A explicación que dan do por que do alcume é moi curiosa: Din que nun pobo moi preto de Pontevedra, onde soen facer a festa dos borrachos, habia un doctor que bebia moito. Certo día na igrexa do pobo apareceu a imaxe do San Caralampio. Moita xente comezou a preguntar ¿e quén trouxo ese santo? pero ninguen respondía. Pero a xente seguía preguntando hasta que o médico dixo – Fun eu. De alí que a partir de entón cada vez que preguntaban no pobo que trouxera ese santo a xente respondía – O borracho. Polo moito que bebía o médico. De ahí quedoulle o alcume a imaxe de ‘San Caralampio o do borracho’ que dexenerou en ‘San Caralampio o dos borrachos’, pensando entón a xente que era o patrón dos borrachos. O que non explica a historia e como chegou a imaxe a capilla de O Grove. Se non o creedes, sempre podedes preguntar as vendedoras de lembrazas que cerca da capilla.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OGROVE/documents/0792CA002.pdf (p. 4)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.484030884449645
Lonxitude: -8.846495211146248
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84