
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Dodro
Parroquia: San Xoán de Laíño
Lugar: Imo -Castro
Outra denominación do ben: Castro de Imo
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Castro entre as aldeas de Imo e Castro, moi probablemente a orixe do topónimo que da nome a esta segunda aldea. Apréciase algunha estrutura defensiva na parte S.
Na croa ten un círculo de pedras coñecido como “Coroa da Raíña Moura”
Na actualidade atópase gravemente alterado, case destruído, atravesado de N. a S. por unha estrada local asfaltada.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA15033002
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Relacionado cos mouros.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
PUENTE MÍGUEZ, Jose Antonio: “Castros en el entorno de Padrón (La Coruña)”, Gallaecia, nº2, USC, Santiago, 1976.
No Pxom de Dodro
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo//DODRO/documents/22335CA102.jpg
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7160564997Lonxitude: -8.72194290161
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Tags: lista vermella




(1 votos)
Loading...
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):






4 comentarios
elixiovieites says:
Xuñ 9, 2012
Páxinas do PXOM do concello de Dodro donde vén recollido este asentamento:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo//DODRO/documents/22335CA001.pdf
(páxina 1)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo//DODRO/documents/22335CA102.jpg
Adrián says:
Feb 9, 2017
Seica agora temos castros asfaltados grazas ó Concello de Dodro, mais información: http://historiadegalicia.gal/2017/02/o-concello-de-dodro-asfaltou-un-castro-en-2015-e-ainda-non-foi-sancionado/
histdodro says:
Feb 10, 2017
Ese camiño asfaltado forma parte do ordenamento da Concentración Parcelaria, que por estas terras se fixo a finais dos anos 80. E foi nese momento cando se creou e asfaltou o citado camiño. O Concello de Dodro o único que fixo foi arranxar o camiño, como lle pediron os veciños da Aldea de Castro. Vale que o fixo sen facer os trámites pertinentes, pero só fixo o que lle pediron os veciños, que é a súa labor.
Antes de falar hai que informarse ben.
Ademais o castro xa estaba arruinado na marxe esquerda do camiño polas labores agrícolas.
Unidade Veciñal de Dodro says:
Feb 12, 2017
Señor HISTDODRO:
Está claro que “Ese camiño asfaltado forma parte do ordenamento da Concentración Parcelaria, que por estas terras se fixo a finais dos anos 80. E foi nese momento cando se creou e asfaltou o citado camiño.” como vostede di, pero iso non da validez á actuación do goberno de Dodro para “reasfaltar” e volver a cometer o mesmo erro dos anos 80, pero agora con ampliación da sección, acometida de tubaxes e volver a destruír parte da pouca estrutura do castro que quedaba. Se vostede mirara o expediente da obra (o que ten no andel ó lado da súa mesa) xa vería o que di Consellería de Cultura: “informándose desfavorablemente á ampliación da sección do camiño proposta” e un pouco mais adiante no mesmo documento di con respecto ás obras: “agás as obras de ampliación do camiño entre Castro e Teaio onde as actuacións limitaranse á limpeza e mantemento do camiño”. “O concello de Dodro o único que fixo foi arranxar o camiño, como lle pediron os veciños da Aldea de Castro” Non é verdade ningunha das afirmacións. Non foi un arranxo, foi unha ampliación e unha destrución de un ben patrimonial e os veciños protestaron pola obra poñendo indicadores. E non solo foi que o fixo sen “sen facer os trámites pertinentes” senón que o fixo con PROHIBICIÓN EXPRESA por parte da consellería.
Se vostede mirara noutro andel ó lado da súa mesa, vería un expediente que abriu a Consellería de Cultura e nun dos apartados está o informe que di “persoal especialista en arqueoloxía visitou o lugar dos feitos e remite informe de “as obras incumpren as condicións nas que se outorgou a autorización administrativa””
Que razón ten cando di: “Antes de falar hai que informarse ben.” pois fágao, que vostede ten a información toda ó seu carón.
Unidade Veciñal de Dodro.
“Debaixo dos pes de cada xeración que pasa na terra, dormen as cinzas de moitas xeracións que a precederon.”
Alexandre Herculano