Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Laxe
Parroquia: Laxe (Santa María)
Lugar: Laxe - Rúa Canosa Nemiña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo de crucifixo cunha plataforma ruda de tres rochas en forma triangular na que vai chantada o varal cun recheo de formigón. O varal é octogonal, empezando e rematando en cadrado. O capitel é cadrangular con cuarto bocel. A súa cruz é circular con remates florenzados. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. Leva o pano de pureza anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Dolorosa cos dedos das mans entrelazados e amosando o seu corazón.

O cruceiro é todo de granito agás a cruz que é de formigón presentando un mal estado de conservación.

Sitúase na encrucillada Ponteceso – Camariñas.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/LAXE/documents/27189CA102.pdf (p. 2)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.21432881666896
Lonxitude: -9.004395604133606
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84