Outra fotografía:

Tipo de ben: Vila romana, Necrópole, Igrexa,
Concello: O Grove
Parroquia: San Vicente de O Grove
Lugar: Carreiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana, Época Altomedieval, Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Xacemento arqueolóxico de gran relevancia onde atopamos superpostos restos de edificacións de varias épocas históricas:
● Factoría de salgadura de fai 2000 anos que implicaría unha pesca moi desenvolvida. Destacan as pías de salgadura, unhas cubetas de 1,5m² soterradas e forradas do chamado ‘opus signinum’ un morteiro de cal e grava que impermeabiliza as paredes da cubeta para a boa conservación do peixe.
● Vila romana. Sobre os restos da factoría, construíuse unha vila romana da que destaca un muro de contención contra o embate das mareas mediante grandes perpiaños almofados (característicos da construción romana).
● Igrexa visigótica. Debido aos ataques dos piratas e dos temporais a igrexa trasládase ata o lugar que ocupa hoxe no século XVIII. O estudo dos restos permite datala en torno aos séculos VI ou VII. O topónimo Adro Vello fai referencia desta antiga igrexa construída nun lugar de culto ancestral para a súa cristianización.
O seu trazado pode apreciarse polos alicerces conservados nos que se distingue unha porta de entrada, unha nave rectangular, a sancristía, o altar con piso de ladrilo e un anexo polo lado sur.
● Necrópole medieval. A comezos da Idade Media, abandonouse a Vila, e comenzouse a usar como lugar de enterramento. As primeiras tumbas serían de datación tardorromana identificadas pola súa construción con laxes de xisto, ‘tégulas’ e ‘ladrillos bipediais’.
Correspondentes a Idade Media, atopamos sartegos de pedra con lousas, seguramente de persoas con máis rango social aínda que a maioría das persoas están enterradas en tumbas de laxes sinxelas. A tradición de enterramentos continúa ata a Idade Moderna formando un cemiterio parroquial que deixa de usarse no século XVIII. As tumbas máis modernas realízanse en foxas e caixas de madeira que ao serén de restos máis perecedoiros e moi difícil que se conservaran co paso do tempo.
● Torre defensiva. Consérvase a base dunha torre de plnata cadrade de época altomedieval. Seguramente para defenderse dos ataques dos piratas sarracenos e normandos que se documentan por toda a costa galega nesa época.

Compre destacar a aparición dun ara romana que formaba parte dos muros da igrexa cunha inscripción:

DEO D
EVER
—–

Segundo algúns investigadores, a ara estaría adicada a unha divinidade local posiblemente chamada ‘Deveros’.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36022004
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

● Fernando Alonso Romero. “La embarcación de la moneda de la necrópolis de Adro Vello (O Grove, Pontevedra)” Anuario brigantino, ISSN 1130-7625, Nº. 10, 1987, páxs. 11-16
● G. Baños, J.M. Abascal, S.F. Ramallo. “Corpus de Inscripcións romanas de Galicia. II: Provincia de Pontevedra”. 1994 páx. 279-285
● N.S.P. 25/04/1996 Concello de O Grove. Capitulo 12. Fichas: Yacimientos Arqueológicos.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OGROVE/documents/0792CA007.pdf
● Adro Vello y A Lanzada: dos formas de conservar la historia
http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2012/02/21/0003_201202A21C7991.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O xacemento foi escavado nos anos oitenta queando despois abandonado. Se ven se puso unha verxa para impedir o transito da xente e o saqueo na busquedas de ‘souvenirs’ como calaveras dos difuntos, hoxe o conxunto está exposta aos elementos e ao crecemento maleza.

Inda hoxe, camiñando pola beira do valado que da a praia e posible atopar doadamente restos de barro cocido e incluso algún resto óseo.

Unha estrada cruza por enriba do xacemento, e da ooutra beira veredes pedras do e restos de xacemento. E se vos fixades na finca de enfronte, pola lado este poderedes apreciar un muro de pedra con bloques cuspidiños aos do xacemento.


Onde está localizado

Latitude: 42.4776649081704
Lonxitude: -8.9308148771579
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84