
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Pontevedra / Pontevedra (comarca)
Parroquia: San Francisco
Lugar: Pontevedra
Outra denominación do ben: Igrexa da Peregrina
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A Igrexa da Peregrina é un edificio relixioso localizado na cidade de Pontevedra, na provincia homónima. Combina fórmulas típicas do último barroco con suxerencias neoclásicas. A súa planta está inspirada nunha vieira, símbolo característico dos peregrinos, dentro da cal está inscrita unha cruz.
A fachada principal, obra de Antón Souto, vai precedida dun sinxelo atrio con escaleira, perimetrado por unha balaustrada con pináculos.
Comezouse a construir no 1778 e trátase dunha das edificacións máis simbólicas e relevantes da cidade de Pontevedra. Está adicada á Virxe que, segundo a tradición, guiaba ós peregrinos desde Baiona ata Santiago.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
O retablo maior, neoclásico, foi trazado en 1789 por Melchor de Prado, con variacións levadas a cabo polo seu irmán Manuel e Juan Pernas Gambino. Chama a atención o pilón de auga bendita, unha cuncha de molusco traída do Pacífico por Méndez Núñez.
A portada acolle no alto a imaxe da Peregrina (s. XIX), patrona da provincia de Pontevedra, nunha fornela. Destaca a fonte de pedra situada ao pé das escaleiras da portada principal. Outro detalle é o reloxo da torre norte, instalado no ano 1896, procedente do Hospital de San Juan de Dios que fora demolido. Na capela tamén están instaladas as campás do hospital.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.43226272129293Lonxitude: -8.647527694702148
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Xan 17, 2025
A prensa dixital de xaneiro de 2025 recolle a próxima intervención neste ben para resolver os problemas de humidade que afectan a súa estrutura:
https://culturagalega.gal/nova/noticia.php?id=37158
https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/008929/lopez-campos-anuncia-licitacion-por-mais-300-000-das-obras-restauracion-santuario
https://www.pontevedraviva.com/gl/xeral/conselleiro-cultura-campanario-peregrina-reforma-santuario_502771_102.html