Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Pontevedra / Pontevedra (comarca)
Parroquia: Pontevedra (San Bartolomeu e Santa María)
Lugar: Pontevedra - Praza da Ferreiría
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A igrexa, construída entre os últimos anos do século XIII e os primeiros da seguinte centuria, presenta planta de cruz latina, cunha soa nave rematada con tres capelas poligonais na cabeceira, a central máis grande que as laterais, cubertas con bóvedas de crucería. No cruceiro ábrense varias capelas. O claustro gótico foi sustituído no século XVIII por unha ampliación do cenobio.
Trátase dun templo gótico que destaca pola súa lonxitude e polas tumbas dos insignes pontevedreses que alberga. Entre elas pódese citar a do almirante-trovador Paio Gómez Chariño, que participou na toma de Sevilla en 1248, xunto a Fernando III o Santo.
A parte máis antiga do convento é a portada da igrexa, que presenta arco apuntado e arquivoltas baquetonadas, portada que se cubría hai anos cun pórtico.
A fachada ten sufrido diversas modificacións, sendo o rosetón de época posterior.
A súa cabeceira de tres ábsidas resulta especialmente esvelta desde o exterior, onde se pode ver elevada xunto ó convento e sobre muros que pertenceron á antiga muralla.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://cultura.xunta.es/imxd/programa/doc/1350635148121004BICGALICIA.pdf (p. 22)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.43232607079181Lonxitude: -8.646926879882812
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Estevo says:
Xuñ 17, 2012
Artigo do convento de San Francisco na galipedia:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Convento_de_San_Francisco_de_Pontevedra