
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo,
Concello: Tomiño
Parroquia: San Cristobal de Goián
Lugar: O Castelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O forte de San Lourenzo é unha construcción abaluartada feita en pedra, relacionada co fenómeno de fortificación da fronteira galaico-portuguesa e que na actualidade conserva a maioría da súa obra construída.
Presenta unha planta cadrada con catro baluartes nas súas esquinas que se correspondes cos puntos cardinais, e tres medias lúas adousadas ás cortinas que unen ós baluartes N-W, W-S e S-E.
Para acceder o recinto fortificado, débese cruzar por unha ponte feita en sillería de granito, que atravesa o foxo N-W. A ponte de sillería construíse sobre zapatas rectangulares en planta que se apoian nunha pequena plataforma que sobresae uns 15 cm da zapata. A ponte presenta cinco bóvedas de canón feitas con dovelas de sillería regular. Na parte superior da ponte hai unha baranda pétrea que foi reconstruída en época recente. O arco de entrada ao recinto fortificado é de medio punto, fabricado con dovelas de gran tamaño sobre as que se dispón unha inscripción duns 80 por 50 cm. O aparello do tramo exterior é de sillería ben traballada e escuadrada, namentras que no interior está feito de aparello de manpostería irregular. Ámbolos tramos sepáranse por un rastrilo enmarcado por sendos arcos de medio punto. No interior, a entrada está enmarcada por dous contrafortes bastante agrietados.
O recinto interior é unha extensión cadrangular, na que aparecen restos de derrumbes dos lenzos das contramurallas.
A estructura abovedada do pozo cuberto está bastante alterada a causa dos derrumbes nos laterais. A bóveda de canón que o cubre, duns tres metros de longo por catro de ancho, está construída en sillería ben traballada aínda que as dovelas estanse descolocando polas fendas dos derrubes dos contrafortes.
Dos elementos que aparecen nos planos históricos fican só os baluartes, as escarpas e o adarve, a porta e a traza das media lúas. Non fica nengunha das estructuras interiores en pé, únicamente ó pozo cuberto xa mencionado.
A finalidade da construcción deste Forte de San Lourenzo sería o uso da forza de cara a un posíbel conflicto con Portugal unha vez rematada a Guerra de Restauración no ano 1668, nembargantes, a Guerra de Independencia contra os franceses foi a primeira e última vez que o forte participou nunha acción bélica. No ano 1809, as tropas napoleónicas comandadas polo mariscal Soult, recibiron a orde de París de penetrar en Portugal. O exército francés situóuse ó longo do Miño para cruzalo polos diferentes pasos naturais: A Garda, Tui e Salvaterra no Baixo Miño.
Segundo o historiador portugués Simao José da Luz Soriano na súa “Historia da Guerra Civil e do establecimento do Governo Parlamentarem Portugal”, os franceses emprenden o asalto a Vilanova de Cerveira sendo esta atacada pola artillería do forte de Goián. O forte é liberado dos franceses polo gobernador de Vilanova Gonzalo Coelho de Araujo que envía algúns portugueses nas barcas para persegui-los invasores franceses e facelos prisioneiros. Aínda que o autor citado no menciona como chegou ás mans dos franceses o forte de San Lourenzo, é posíbel que o mariscal Soult, na súa marcha de Tui a A Garda pasara por Goián tomando a praza. No 1843 o forte tiña aínda unha garnición e no 1869 xa se atopaba en estado ruinoso segundo o literato Teodoro Vesteiro Torres.
O 8 de novembro de 1873, foi subastado en Pontevedra, pasando a mans de particulares. A partires deste momento o forte sufreu agresións na súa estructura e configuración con extraccións de pedra, en concreto do baluarte de Santiago. Na actualidade o Concello adquiriu o forte garantindo a súa conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36054025
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– RODRIGUEZ-VILLASANTE PRIETO, J.A.: «Las defensas de Galicia», Edicións do Castro, Sada, A Coruña, 1984.
– SORALUCE BLOND J.R.: «Castillos y fortificaciones de Galicia. La arquitectura militar de los siglos XVI-XVIII». A Coruña, 1985.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.940898291672816Lonxitude: -8.753421306610107
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





3 comentarios
adela suma says:
Xuñ 25, 2012
Coma información complementaria, engado o enlace á ficha deste BIC no PXOM de Tomiño (2001):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TOMINO/documents/0972CA007.pdf
Hugo says:
Xan 6, 2013
Dende o verán de 2012 o forte de San Lourenzo e a súa contorna conforman o Espazo Fortaleza, un parque de uso público que conta nos arredores do forte con pistas deportivas (futbol-praia, volei-praia e tenis-praia) e xogos infantís (columpios varios, tirolina).
Dende 2010 organízanse nos meses de verán visitas para grupos de ata 20 persoas, combinando actividades deportivas (bicicleta, canoa) con percorridos que interpretan o patrimonio (Forte de San Lourenzo, de Chagas, de Nosa Señora da Concepción, Torre dos Ratos e Forte de Lovelhe -este último na veciña vila portuguesa de Vila Nova de Cerveira).
Nas web http://www.espazofortaleza.com/ hai un vídeo con imaxes máis recentes.
Gracias a estas intervencións o BIC non se atopa en perigo nestes momentos e garentese a súa continuidade e acceso.
Oscar Franco says:
Xuñ 11, 2013
As obras de rehabilitación deste conxunto foi seleccionada para un premio de arquitectura. Máis información en:
http://www.farodevigo.es/comarcas/2013/06/09/obra-rehabilitacion-fortaleza-goian-seleccionada/825560.html?fb_action_ids=465172200235807&fb_action_types=og.recommends&fb_source=other_multiline&action_object_map=%7B%22465172200235807%22%3A669256146433941%7D&action_type_map=%7B%22465172200235807%22%3A%22og.recommends%22%7D&action_ref_map=%5B%5D