
Outra fotografía:
Tipo de ben: Ponte,
Concello: Arteixo
Parroquia: Arteixo (Santiago)
Lugar: Polígono de Sabón, Av. da Diputación.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:
A Ponte Romana dos Brozos é un dos monumentos máis representativos e importantes deste concello, está considerado como unha das poucas pontes romanas auténticas que se conservan na Galiza. Os romanos ocuparon estas terras e crearon un enlace entre A Coruña e as terras de Bergantiños: a vía XX, do itinerario do emperador Caracalla, conservándose unha parte da vía. Sitúase entre as naves do Polígono de Sabón e atravesa o rio Bolaños. Trátase dunha obra de dous arcos con un tallamar no medio deles e un lixeiro peralte, con rampas de acceso e a calzada orixinal. Aínda que está clasificada como romana, a restauración do século XIX fai desta unha cuestión polémica.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.31351600966361Lonxitude: -8.509262502193451
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





2 comentarios
adela suma says:
Xul 1, 2012
Engado o enlace ao catálogo das N.S.P. (1995) vixentes (páxina 46):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ARTEIXO/documents/0048CA002.pdf
Mónica Montero says:
Nov 7, 2015
Esta ponte NON é romana é ROMÁNICA responde a un modelo medieval ben coñecido. En todo caso responde seguramente a unha trazado moi anterior da Via per loca maritima. A confusión popular cunha orixe romana vén de interpretar mal a palabra “románica”.