Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Mazaricos
Parroquia: Chacín (Santa Baia)
Lugar: Santa Baia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa de Santa Baia de Chacín, cerrada ao culto dende que nos anos setenta se construíu un
novo templo no Pino de Val. Esta parroquia pertence ao arciprestado de Entíns, diocese de Santiago de Compostela, zona bañada polos ríos Couto e Santa Baia.
É un templo de tres naves separadas por arcos que descansan en cimacios, por arcos de medio punto sobre columnas de sección octogonal, semellantes aos varais dos cruceiros. A capela maior ten planta rectangular e cóbrese con bóveda de canón de cantería apoiada nun arco faixón. No lado do evanxeo pégase a sacristía, tamén de planta rectangular con un único acceso desde o interior do presbiterio. Un grade arco triunfal da acceso a a gran nave, que se cobre con cimbros de madeira. Aos pés aparece un coro alto de madeira, hoxe en estado ruinoso. No exterior da fachada destaca pola súa composición asimétrica ao presentar no muro norte, dentro do mesmo plano que a fachada unha torre-campanario formada por dous corpos. o primeiro, de planta cadrada con arcos de medio punto sobre machóns achafranados e decorado con cornixas moi saíntes. O segundo corpo, tamén con catro vacíos, coróanse cunha cúpula semiesférica ornamentada cun pequeno acroterio con bola. A porta principal, alintelada, esta cuberta por un arco de medio punto que crea un tímpano no que se sitúa unha imaxe da santa titular. Os retablos, hoxe desmontados e gardados en espera de que algún día se poidan restaurar conxuntamente coa edificación pétrea, pertencen a segunda metade do XVIII e teñen a graza e a elegancia propia do rococó. Conserva o adro, o cemiterio e as ruínas da casa reitoral.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.mazaricos.net/index.php?id=14
http://www.mazaricos.net/id_esp/igl_ficha.asp?id=9
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MAZARICOS/documents/0213CA003.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Perigo de derrube e espolio.


Onde está localizado

Latitude: 42.90641550635069
Lonxitude: -8.935092687606812
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84