Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Carnota
Parroquia: San Mamede de Carnota
Lugar: Cornido
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo de Cruz sen plataforma e cun pedestal con unha forma máis ou menos cúbica, sendo unha peza moi tosca e sen labrar. O seu varal é cadrado e achafranado cun capitel cuadrangular moldurado. A súa cruz é octogonal con remates florenzados con botón central. Todo o cruceiro é de granito cun estado regular de conservación. Con respecto a súa cruz, esta é nova duns sete ou oito anos, posto que a primeira cruz fora roubada, tivo unha segunda cruz que se esnaquizou e agora esta esperemos que sexa a derradeira e que foi pagada por tódolos veciños de Cornido.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.86482011593618
Lonxitude: -9.090191423892974
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84