Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo, Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Val do Dubra
Parroquia: Portomeiro (San Cosme)
Lugar: Portomeiro
Outra denominación do ben: Castro de Portomeiro
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Altomedieval,
Descrición:
O cume do Monte Castelo de 394 m. de altura serve de asentamento a este recinto arqueolóxico. O terreo amosa acusados desniveis en todas as direccións, pola que a visión da súa contorna é moi doada. O seu acceso é difícil o que condiciona unha boas características defensivas. Posee un único recinto de forma ovalada que está perfectamente adaptado ás posibilidades que lle ofrece a parte máis alta do monte. O lugar deféndese por un sólido sistema composto por un parapeto reforzado en todo a súa contorna e por unhas sólidas afloracións graníticas que serven de atalaias defensivas e baluartes de difícil superación. Nas escavacións dos anos 2020 e 2021 afloraron á superficie, na parte interior das murallas perimetrais, muros de diferentes edificios que poderían datarse segundo os investigadores cara o século IX. Apareceron tamén indicios da existencia dun castro da idade do ferro que ocuparía ese mesmo lugar con anterioridade a estas edificacións.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
A Asociación Cultural Larada de Val do Dubra mercou os terreos no que se atopa o recinto arqueolóxico no ano 2020. Despois desa data iniciáronse campañas de escavacións nas que se descubriron lenzos de murallas de edificacións dentro do recinto amurallado do cume do monte. Este proxecto de investigación é froito da colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela, a Deputación da Coruña e a asociación Larada dona do lugar arqueolóxico.
Referencias bibliográficas:
Agrafoxo, Xerardo. O hábitat castrexo no Val de Barcala, Amaía e o Val do Dubra, Ed. Sementeira,1992. ISBN 84-87848-02-8
(páxina 160)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VALDODUBRA/documents/0394CA002.pdf
(páxina 25 de 29)
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2010/03/27/republicas-de-homes-libres-santuarios-e-castelos-na-beira-do-tambre/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Nas inmediacións hai unha enorme canteira.
Onde está localizado
Latitude: 42.977713821439Lonxitude: -8.6122941970825
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
8 comentarios
Elixio Vieites says:
Xuñ 30, 2013
Noticia relacionada co castelo e uns petróglifos desaparecido por mor da canteira, que segundo uns veciños estaban ao seu redor http://www.elcorreogallego.es/terras-de-santiago?idMenu=347&idNoticia=550617
Oscar Franco says:
Dec 31, 2020
Danse a coñecer os resultados da intervención arqueolóxica no Castelo de Portomeiro. Así o recolle a pena dixital do 22 de decembro de 2020:
https://www.elcorreogallego.es/ocorreodaareadecompostela/danse-a-conecer-os-resultados-da-intervencion-arqueoloxica-no-castelo-de-portomeiro-CB5773455
elixiovieites says:
Xan 9, 2021
Presentación preliminar da escavación do 2020 no Castelo de Portomeiro https://youtu.be/MmgLRoTFKQU
Outro enlace
http://culturagalega.gal/noticia.php?id=31214
elixiovieites says:
Xan 9, 2021
Modelo 3D da porta do Castelo de Portomeiro
https://youtu.be/VmCcQelv9Ys
elixiovieites says:
Xul 19, 2021
https://www.elcorreogallego.es/ocorreodaareadecompostela/retomanse-os-labores-de-arqueoloxia-no-castelo-de-portomeiro-JA8301946
elixiovieites says:
Xul 19, 2021
Enlace a unha nova de prensa
https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/asociacion-larada-merca-terreos-do-castelo-portomeiro-val-do-dubra-protexelo/20200908145203104577.html
Rede social do proxecto
https://www.facebook.com/CastelosnoAire
Oscar Franco says:
Abr 16, 2024
O castelo de Portomeiro (e outros bens) na prensa dixital do 23 de marzo de 2024:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2024/03/23/novais-enigma-junto-tambre/0003_202403E23P52992.htm
E Vieites says:
Nov 13, 2024
Un interesante traballo en https://aespa.revistas.csic.es/index.php/aespa/article/view/722/829