
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: O Saviñao / Terra de Lemos (comarca)
Parroquia: Ousende (Santa María)
Lugar: A Toxeira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Romana,
Descrición:
Castro de forma oval ubicado nunha zona próxima ao regato de San Pedro. Dende a súa croa divísase unha ámplia panorámica, dominando o camiño que vai á Az polo Norte. Na actualidade o único lugar de acceso é por unha rampa situada o suroeste, aberta probablemente en tempos recentes para poder levar o gando ata a croa. O resto da periferia conta con unas defensas que hoxendía están cubertas de vexetación. O aspecto é dunha elevada meseta que se distingue facilmente dende lonxe.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Hai anos nun lateral do castro encontrábase a metade dunha “metate” ou parte inferior ou “pé” dun muíño circular que servía como linde. No incendio do ano 2008 que arrasóu gran parte de esta zona, revelouse parte da muralla do castro (véase foto adxunta). Entre as pedras da muralla apareceron restos de pezas cerámicas.
Tradición oral:
Entre os vellos do lugar cóntanse historias sobre os mouros do castro que se podían ver de noite, pero de día escondíanse polas galerías subterráneas do castro. Tamén se advertía ós nenos que non pasaran preto do castro de noite porque os mouros podían levalos con eles o fondo das galerías do castro.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Segundo a catalogación feita pública no D.O.C.J.A. de 12/07/1991. “Los Castros de la tierra de Saviñao” III Congreso Nacional de Arqueología. Ed.Institución Fernando el Católico. Zaragoza, 1995.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
O recinto serve de prado para o gando
Onde está localizado
Latitude: 42.6200602116Lonxitude: -7.57442951202
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Feb 25, 2014
O castro de Ousende no Inventario de Patrimonio Cultural das normas subsidiarias da provincia de Lugo do 1991. Concello do Saviñao
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/LUGPA006.pdf (pax 9 de 10)