Outra fotografía:

Tipo de ben: Mina, Escudo / Epígrafe, Vivenda singular, Hórreo, Alpendres e edificios auxiliares, Industria, Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Tui
Parroquia: Areas (Santa Mariña)
Lugar: Toxeira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

En 1906 o enxeñeiro de montes Rafael Areses recibe o encargo de por en funcionamento o primeiro viveiro forestal de Galicia, concretamente no monte de Seixos Albos, na parroquia tudense de Areas. O obxectivo de tal empresa era a de fornecer de árbores para as repoboacións que se comezaban a facer nos montes galegos así como tamén para a primeira festa da árbore celebrada en Galicia, en Tui no 1910, e para os xardíns públicos ou privados en menor medida.

O complexo conta cunha casa para o garda como edificio principal. A construcción é de factura simple pero elegante, acorde aos cánones racionalistas e en total oposición á casa forestal do Monte Aloia, deseñada tamén por Areses pero dentro dun estilo organicista . A fachada principal da mesma está rematada cun frontón co emblema do corpo de enxeñeiros forestais e a data de 1909. Nela tamén estivo instalada un museo forestal a principios do século XX e hoxe aínda se conservan os mobles orixinais do despacho do enxeñeiro Areses xunto cunha colección de sementes de árbores exóticas ou diversa documentación e planos da casa e viveiro.

A vivenda posúe dependencias auxiliares como o aserradoiro, o hórreo ou unha antiga piscifactoría. Pero sen dúbida o que máis salienta xunto coa casa é o arboreto e xardín que a rodea. Un espazo organizado de forma arbitraria e libre en contraste coa racionalidade da vivenda do garda, e que posúe un alto valor botánico. Nel distribúense diferentes árbores exóticas de gran porte, algunhas delas centenarias e das primeiras da súa especie en seren plantadas en Galicia. Destacan diversas variedades de eucaliptos, acacias, piñeiro Moctezuma, piñeiro insigne, criptomerias, araucarias, arces do Canadá e Xapón, cedros,e particular importancia a do castiñeiro xaponés, importado por Areses en 1916. Xunto coa variedade botánica aparecen diversas elementos ambientais e decorativos como estanques ou unha cova artificial. Outro dos elementos que caracterizan ao lugar é a rede de minas de auga que percorre o subsolo para poder irrigar todo o complexo datadas en 1913.

Tamén hai que facer un inciso no feito de que durante a construcción deste recinto atopáronse varias machadas pulimentadas pertencentes ao neolítico.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaComunal
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://tudensia.blogspot.com.es/2008/09/o-museo-forestal-de-areas.html

http://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=14&ved=0CIYBEBYwDQ&url=http%3A%2F%2Fdialnet.unirioja.es%2Fdescarga%2Farticulo%2F2978215.pdf&ei=pqRyUObDIYOi0QXW34HoBg&usg=AFQjCNGF1vK7eP0c5IJb5ESUGU26gLb-wQ&sig2=YsTHGHGds8-84h9MBj22Kg


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.029659164414454
Lonxitude: -8.674993515014648
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84