Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Boiro
Parroquia: Cespón (San Vicenzo)
Lugar: Nine
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

A estela está feita con granito de dúas micas de moi boa calidade, consérvase practicamente enteira . O tramo conservado mide 56 cm. de ancho por 156 cm. de altura e por un máximo de grosor de 26 cm., posiblemente o remate fora de forma semicircular. Pódense distinguir tres campos separados por molduras. O superior está decorada por unha roda radiada dextroxira e dous discos cun punto no centro. No central presenta unha lúa coas puntas cara arriba, catro discos cun punto no centro e tres arcos. O inferior ten un texto gravado na pedra, e que continuaría no anaco que lle falta, pois nese lugar aínda se lle poden apreciar restos de dúas letras. O texto sería :

D (is) M (anibus) . Pos(uit)
Ursus
Ingenu
o suo . Ru
fino . Pin (ta?)
ni (fillo?)

A tradución viría sendo . “ Aos Deuses Manes. Puxo Urso, para o seu ( amigo?) Rufino (fillo?) de Pin (ta?)no, de nacemento libre”
A lápida estaba facendo de asento nunha casa de Taragoña, no lugar da Igrexa, na casa dos Fungairiño, logo foi trasladada ao concello de Boiro para a súa exposición no Centro Arqueolóxico do Barbanza


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Xurxo Ayán/Manuel Gago. Herdeiros pola forza: patrimonio cultural, poder e sociedade na Galicia do século XXI
2.0 EDITORA, 2012 ISBN:978-84-938683-9-0, DL: 408/2012
(páxinas 191 a 196. Artigo. “A pedra de Rufino”)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.666436907276065
Lonxitude: -8.843286037445068
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84