
Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Porto do Son
Parroquia: Noal (San Vicente)
Lugar: Loreto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
A capela da Nosa Señora de Loreto data do século XIX. É unha pequena ermida de planta rectangular cunha soa nave coa capela na cabeceira de menor ancho e proporcións cadradas, cunha sancristía no lateral dereito do presbiterio, con acceso desde o exterior. Os muros son de cantaría, e neles ábrense dúas pequenas fiestras na nave principal e unha no presbiterio, ademais dunha entrada lateral a carón da sancristía. No interior ten un coro de madeira con escaleira de acceso apegada ao muro.
O exterior carece de ornamentación e a fachada principal componse dunha porta rectangular cunha pequena fiestra por riba. A fachada está enmarcada por dúas molduras laterais a modo de pilastras que rematan en senllos pináculos. Conta cunha cornixa a dúas augas, interrompida no cumio pola plataforma da espadana, con dúas arcadas de medio punto rematadas en pináculos.
Diante da ermida hai un cruceiro de capeliña. A imaxe da Virxe do Loreto, dentro desa capeliña, dá nome a este tipo de cruceiros (cruceiros de loreto).
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PORTODOSON/documents/0338CA002.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.73432993854803Lonxitude: -8.982664346694946
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




