
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Porto do Son
Parroquia: Noal (San Vicente)
Lugar: Loreto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Diante da ermida da virxe de Loreto hai un cruceiro de capeliña. A imaxe da Virxe do Loreto, dentro desa capeliña, dá nome a este tipo de cruceiros (cruceiros de loreto).
Ten plataforma cuadrangular cun chanzo e pedestal cadrado decorado con dentes de serra. O varal é groso e octogonal, catro das súas caras inferiores están decoradas con flor de lis, na parte superior agrandase por medio de unha peza convexa e decorada con rostros de anxos con ás nos catro lados.
Mantén unha capela ornamentada, con base moldurada, tellado a tres augas, bóveda de canón, consistente nun único bloque de pedra, as marxes externas decoradas con columnas pequenas con fustes estriados e outras decoracións encima, e un baixo-relevo ca imaxe da Virxe rezando e no interior a Virxe de Loreto.
A cruz e de sección cuadrangular con brazos a media caña. Un Cristo crucificado no anverso, tres cravos e mans abertas, inclina cara á dereita a cabeza coroada de espiñas. Ten nimbo crucífero e pano de pureza anoado á esquerda. O material utilizado na súa construción foi o granito.
En Galicia hai dous tipos de cruceiros: de varal e de capeliña. Os de capela ou santuario, coma este de Loreto, difiren dos de varal en que normalmente son moito maiores e, en vez de capitel, ten unha pequena capela e nela a Virxe, coroando todo, a cruz con Cristo na fronte. Ao contrario do que acontece coas de varal, por detrás, normalmente non hai imaxe. A maioría dos que se puideron datar corresponden ó século XVII, aínda que hai exemplares datados entre o XVI e o XVIII. Suxeriuse que están relacionados cos rollos ou picotas castelás, pelouriños en Portugal, dos que xa non queda ningún en Galicia.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PORTODOSON/documents/0338CA002.pdf
http://www.funjdiaz.net/folklore/07ficha.cfm?id=1222
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7342196126075Lonxitude: -8.98264020681381
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Nov 19, 2018
As xentes invocan á Santa do cruceiro en solicitude de boas colleitas, sandar enfermidades do gando ou tempo favorable para os cultivos polo que é frecuente ver algunha figura de cera, velas acesas ou mazarocas de millo penduradas das reixas.
Ao redor da Virxe de Loreto hai unha lenda que nos deixa constancia dun milagre:
Cóntase que un día cando un arrieiro que se achegara ata Porto do Son para traer viño da zona do Ribeiro baixou do carro á altura do cruceiro e meteu o brazo na caixa das esmolas da capela que está detrás do cruceiro coa intención de roubar algunhas mazarocas de millo para darlle de comer ás mulas.
As mulas comeron e o arrieiro dispúxose de novo no pescante para proseguir o camiño de volta, pero as mulas non camiñaban. Canso de bater nas bestas e de que estas non andasen, matinou que todo se debía ao roubo do millo en lugar sagrado.
Prometeu que noutra viaxe entregaría á Virxe o dobre do que collera e nese intre as mulas comezaron a moverse, continuando a viaxe.
Lenda tirada do libro:
MARIÑO DEL RÍO, M. Os cruceiros de Porto do Son. Ed. Comisión de Festas do Carme, 2005
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html