Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Porto do Son
Parroquia: Caamaño (Santa María)
Lugar: A Capela - Caamaño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

A Capela da Virxe da Pedra Furada data da segunda metade do século XIX. Trátase dunha ermida de gran sinxeleza, cunha nave única e fachada na que ademais de porta, só ten unha pequena espadana dun arco. A entrada a capela foi variada de situación, pois antes estaba na cabeceira, cara ao Camiño Real.
Está baixo a advocación da Anunciación da Virxe María.
A ermida é símbolo da cristianización dunha antiga crenza de culto ás pedras.

Xunto á pequena ermida, hai unha pedra que ten diferentes buracos feitos pola choiva, pero tamén cruces e outros símbolos de cristianización que denotan o seu pasado pagán. Non está moi claro cal era o rito que se realizaba antes da súa cristianización, pero a igrexa é frecuentada por mulleres embarazadas e no cruceiro que se atopa antes da igrexa realizábase un rito para atraer as choivas. Por este motivo, sexa cal fose o uso que tiña a ‘pedrafurada’, seguramente estaba relacionado coa fertilidade, tanto dos campos como das persoas.

O Luns de Pascua, celebrarase a romaría principal de Pedrafurada, na que o sinxelo templo vese desbordado pola gran afluencia de público.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PORTODOSON/documents/0338CA002.pdf
http://pacodomartelo.blogspot.com.es/2012/03/pedrafurada-un-antigo-culto-as-pedras.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.66449775279662
Lonxitude: -9.03202772140503
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84