Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Porto do Son
Parroquia: Caamaño (Santa María)
Lugar: A Capela - Caamaño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

O cruceiro e de Capeliña, como moitos outros da zona.
Atopase na fronte da sinxela capela de Pedrafurada arranca dunha plataforma de dous chanzos cadrados. Sobre el vai un estreito pedestal e os cinco bloques graníticos que constitúen a columna. Por riba dela sitúase unha esvelta capeliña decorada con arcos na súa base. Leva lixeiros adornos na cara central. O interior garda a figura da Nosa Señora da Anunciación. Sobre a capeliña érguese unha cruz florenzada apoiada nun pequeno pedestal de forma troncopiramidal e planta cadrada. No anverso leva a figura de Xesucristo crucificado e sobre el un nimbo e a inscrición INRI.
Mira cara ao oeste, como a entrada da igrexa, aínda que para pedir a choiva debería virarse cara ao sur, segundo a tradición. Seguramente os poderes que antes se lle atribuían á pedra pasaron agora ao cruceiro e á advocación da igrexa.

O Luns de Pascua, celebrarase a romaría principal de Pedrafurada, na que o sinxelo templo vese desbordado pola gran afluencia de público.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PORTODOSON/documents/0338CA002.pdf
http://pacodomartelo.blogspot.com.es/2012/03/pedrafurada-un-antigo-culto-as-pedras.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.66455100544788
Lonxitude: -9.032250344753265
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84