
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Porto do Son
Parroquia: Caamaño (Santa María)
Lugar: O Campanario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Preto da igrexa parroquial de Santa María de Caamaño atópase este cruceiro de capeliña, situado sobre unha laxe con algún resto de petróglifo, formado por varias cazoletas. Esta laxe atopase nun cruce de camiños e esta algo elevada sobre o camiño.
A pesar de non ter inscrición, pola súa tipoloxía “de capela”, pode ser datado no século XVIII. Posúe plataforma cuadrangular, formada por dous chanzos; sobre eles o pedestal cuadrangular decorado con varias molduras. Un fuste groso de sección cadrada e adornos nos chafráns. Ten unha capela decorada con base moldurada e tellado a tres augas e imaxe da Virxe de Belén co Neno a pé no interior.
A cruz de sección cuadrangular, con remates florenzados. No anverso, un Cristo crucificado, coas mans abertas e coroado de espiñas, inclina a cabeza cara a dereita. Leva o nó do pano de pureza na parte esquerda. Sobre o Cristo a inscrición INRI nun pergamiño.
Está feito de granito.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PORTODOSON/documents/0338CA002.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.65530013847777Lonxitude: -9.027116596698761
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Oscar Franco says:
Nov 19, 2018
Contan os máis vellos que antigamente se lle extraían areas ao cruceiro para fervelas e darllas ás mulleres preñadas para que parisen ben.
Información tirada da seguinte referencia bibliográfica:
MARIÑO DEL RÍO, M. Os cruceiros de Porto do Son. Ed. Comisión de Festas do Carme, 2005
Oscar Franco says:
Ago 21, 2022
Engado as seguintes referencias bibliográficas:
MARTÍN RUÍZ, Luis. (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Ed:Deputación da Coruña.
FERNÁNDEZ MARIÑO, Nepomucena. (2020). MAIS DE 800 CRUCEIROS, FERVENZAS, MIRADORES E OUTRAS VISTAS DO BARBANZA (Porto do Son). (en liña)