Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Porto do Son
Parroquia: Queiruga (Santo Estevo)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa parroquial de Santo Estevo de Queiruga está datada entre os séculos XII e XVIII, sendo de estilo románico e barroco.

De orixe románica, desta época aínda conserva o presbiterio. O resto foi remodelado nos séculos posteriores. Planta de cruz latina con muros de carga co exterior de cantería e cachotería no interior, que sosteñen unha bóveda de canón rebaixada na nave central. Dous arcos de medio punto sobre pilastras dan paso as capelas laterais. O legado románico é evidente na cabeceira onde un arco de medio puno dá paso ao presbiterio, cuberto por bóveda de canón sobre arcos faixóns apoiados en semi-columnas con capiteis e basas ornamentados. No lado do evanxeo está a sacristía, de planta irregular adaptada ao terreo. Os canzorros da cornixa que se conservan na capela maior destacan no exterior, o mesmo que o contraforte correspondente ao arco intermedio. A fachada é posterior, sobre a que vai un campanario de dous corpos, cuberto por cupuliña.

No interior consérvase unha importante lápida romana dedicada a Rufinus Seiliensis, que serviu de base do altar ata 1822. Aparecera na praia de Seiras e é de mármore branco en bo estado de conservación.

O Ateneo de Ribeira revela a relación entre unha placa na igrexa de Queiruga en Porto do Son e a Batalla uruguaya de Paysandú.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PORTODOSON/documents/0338CA002.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.67575474319189
Lonxitude: -9.021701216697692
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84