Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Muxía
Parroquia: Caberta (San Fins)
Lugar: Caberta
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

É un templo de pequenas dimensións, dunha soa nave rectangular que presenta unha capela cadrada e ten apegada ó final da capela polo seu lado norte unha sancristía, a súa parte máis antiga data do século XII e foi modificada cara o ano 1700. A fachada principal, feita de perpiaño, é de traza pentagonal; seguindo un eixo vertical superponse no seu centro unha secuencia formada por unha porta alintelada, unha fornela onde podemos contemplar unha figura en pedra do seu patrón e unha xanela rectangular moi sinxela. Remata o conxunto unha espadana dun só corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares nas que van aloxadas as campás e coroadas por dous pináculos piramidais ós lados e unha cruz no centro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MUXIA/documents/0232CA002.pdf (p. 9)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.02212548511881
Lonxitude: -9.18282687664032
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84