Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Vigo / Vigo (comarca)
Parroquia: Vigo centro
Lugar: Vigo - Joaquín Yánez, 12
Outra denominación do ben: Edificio Ferro
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

O edificio conformouse en 1889 coa reedificación doutro máis antigo e coa construción dunha nova fachada axustada á aliñación da rúa Imperial (hoxe Joaquín Yáñez). Esta fachada amosa un elegante eclecticismo clasicista que diferenza cada planta cun cambio na ornamentación, se ben repite o mesmo esquema compositivo con pilastras sobre elevados plintos que sosteñen aparentes arquitrabes. Ten un carácter diáfano coa presenza de grande vanos abertos con arco escarzano para iluminar a planta baixa dedicada a comercio e a primeira a Casino de Vigo. Para esta última función dispúxose un gran salón de baile que se conserva como sala da Biblioteca Central da cidade. Anteriormente, o edificio albergou durante moito tempo o comercio “Almacenes Ferro”.
Restaurado recentemente, hoxe en día alberga a Biblioteca Central de Vigo.
O edificio foi proxectado por Jenaro de la Fuente Domínguez.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Casa de Pedro Román (Edificio Ferro) (1889)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.238709176842
Lonxitude: -8.7254297733307
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84