Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Porto do Son
Parroquia: Caamaño (Santa María)
Lugar: Caamaño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A igrexa de Santa María de Caamaño é de orixe románica, datada no século XII, aínda que o aspecto actual se debe a unha reconstrución realizada no XVIII. A construción é de planta rectangular cunha única nave. Os seus muros son de cantería de granito e as cubertas a dúas augas son de tella. O presbiterio, única parte conservada do XII, é de planta rectangular, cuberta con bóveda de canón apoiada en arcos faixóns de medio punto sobre semi-columnas con capiteis decorados con motivos vexetais. Na cabeceira conserva unha fermosa ventá de factura románica, cun arco de medio punto con decoración xeométrica sobre dúas columniñas con capiteis con motivos florais. No lado norte do presbiterio está a sancristía, de planta cadrada e con acceso dende o exterior. O resto da nave cóbrese con bóveda de canón sobre muros de cantería con capeliñas embebidas. No exterior, no lateral sur, a escaleira de acceso ao campanario que se apoia nunha tripla arcada. A espadana de dous corpos superpostos, o inferior formado por unha dobre arcada, e o superior cun arco e rematado con pináculos e bólas. A fachada é de gran sinxeleza, con portada alintelada e sobre esta un frontón triangular con fornela no seu tímpano.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PORTODOSON/documents/0338CA002.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.65559011191808
Lonxitude: -9.02502715587616
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84