
Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Porto do Son
Parroquia: Queiruga (Santo Estevo)
Lugar: Queiruga - Espiñaredo
Outra denominación do ben: Laxa da Sartaña
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
A Laxa da Sartaña recibe o nome pola presenza dun motivo, moderno, que lembra a unha tixola ou sartaña. Ten tamaño grande e é unha pedra fermosa, con dous corpos en que existen moitas formas gravadas de forma clara, pero que non son prehistóricos.
Os que se identifican como tal no deseño (gravado), publicado por Antonio de la Peña e J.M. Rei en 1999, sobre o terreo son difíciles de ver. Son unha forma circular e un grupo de cervos, especialmente do sexo masculino, que están dispostos de esquerda a dereita. Ademais, chama a atención un motivo que Vázquez Rozas interpreta coma un cánido. Tamén se pode ver unha representación que algúns autores identifican coma unha escena de equitación.
Ao longo dos últimos catro mil anos, en diferentes épocas, aos veciños da parroquia déuselles por “ceibar” a súa vea artística, facendo debuxos enriba dos primeiros gravados. Así que sobre esa superficie plana de granito están superpostas capas e capas de arte, polo que son difíciles de ver e distinguir os máis primitivos. Polo que se pode ver, existe moita simboloxía relixiosa ou de algún tipo de “rito” nos máis modernos.
Os petróglifos sitúanse entre Caamaño é Queiruga. Para chegar, collemos unha pista asfaltada á dereita, cara ao interior. A 150 metros vemos a nosa dereita a Laxa da Sartaña.
Información: onosopatrimonio.blogspot.com.es é www.manuelgago.org/blog
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15071012
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/petroglifos-de-galiza_10.html
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2008/12/27/seguindo-o-rastro-dunha-manda-de-cervos-de-hai-catro-mil-anos/
http://montetecla.blogspot.com.es/2007/10/petroglifo-da-laxe-de-sartaa-porto-do.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.66810894012451Lonxitude: -9.029227495193481
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Set 16, 2019
Engado a seguinte referencia bibliográfica:
REY, Pepa e SOTO, Mª J. UNA METODOLOGÍA DE ESTUDIOS PARA PETROGLIFOS. RESULTADOS EN LAXE DA SARTAÑA. Uiversidade de Santiago. 1994.
https://www.academia.edu/14553797/Una_metodolog%C3%ADa_de_estudio_para_petroglifos_resultados_en_Laxe_da_Sarta%C3%B1a?email_work_card=title