Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Zas
Parroquia: Baio (Santa María)
Lugar: Baio Pequeno - Cemiterio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo crucifixo con plataforma heptagonal dun chanzo e pedestal octogonal decorados con follas. O varal é octogonal e leva un capitel tamén octogonal con astrágalo octogonal e liso decorado con follas. A súa cruz é rectangular feita de formigón. Polo anverso desta cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Ten a cabeza ergueita sen coroa e cunha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans xuntas. O cruceiro é todo de granito, agás a cruz, cun estado regular de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1557744766Lonxitude: -8.96738067272
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Feb 9, 2016
ACTUALIZACIÓN: novo enlace ao catálogo do planeamento vixente en Zas (PXOM 2007):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ZAS/documents/26250CA001.pdf
no listado este cruceirto paparece nomeado coma “Ficha 2.3 Cruceiro do cemiterio, Baio Pequeno” (páxina 10), ainda que acudindo ao pdf correspondente para visualizar a ficha, non aparecen todas as fichas do catálogo.