Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Zas
Parroquia: Baio (Santa María)
Lugar: Baio Pequeno
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A Igrexa de Santa María de Baio ten planta de salón formada por unha nave rectangular e unha capela maior. A sancristía apégase ao muro leste do presbiterio. A capela maior cóbrese cunha bóveda de canón, protexida por un arco faixón na súa parte central, como é habitual na zona. Un arco triunfal comunícaa directamente coa nave. Esta cóbrese con teitume de madeira, mentres que a sancristía aparece cuberta cunha bóveda de crucería nervada.
Volumetricamente ó exterior diferéncianse tres volumes, claramente en xustaposición: nave, presbiterio e sancristía. Os dous primeiros con tellados a dúas augas e o terceiro con tellado a tres vertentes.
A fachada, de cantería, ten un grande interese formal xa que a súa porta principal aparece enmarcada por unha dobre orelleira. Esta posúe molduras entrantes e saíntes que lle outorgan gran plasticidade. Como edificio barroco, a cornixa mixtilínea acentúa o movemento, o que tamén contribúe a fornela que alberga á Virxe titular.
A espadana móstrasenos sobre unhas cornixas de sinxelas molduras. Está formada por un único corpo composto por dous arcos de medio punto sobre grandes pilastras. Balaústres de pedra completan o xogo de claroscuros, predominantes nesta fachada. Un frontón triangular aberto no centro remata o frontispicio.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da Provincia da Coruña, Camariñas, Mazaricos, Santa Comba, Vimianzo e Zas”. Vol. X, Deputación Provincial da Coruña, 1998.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.15601312383736Lonxitude: -8.967499136924743
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Nov 11, 2013
Os amigos do alleo facendo das súas nesta igrexa:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/11/11/intentan-robar-iglesias-borneiro-baio-danan-sagrarios-siglo-xviii/0003_201311G11P11997.htm