
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Porto do Son
Parroquia: Queiruga (Santo Estevo)
Lugar: Nadelas-Queiruga
Outra denominación do ben: Castro de Queiruga
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Este castro atópase na costa, nun promontorio rochoso de uns 15m de altura, que se adentra no mar. Ó seo carón está a cala de Porto Nadelas, pequeno porto natural onde os mariñeiros de Queiruga amarraban as súas pequenas embarcacións .
A súa situación, fai que todo el estivera protexido polo mar.
Na banda Sur, onde se une a terra, presenta restos do que foi un parapeto defensivo.
Ten unhas medidas de 143m de N. a S. E 132m de E. a O.
Neste castro, tamén chamado de Queiruga, encóntrase un concheiro, depósito de cunchas de crustáceos , pequenos fragmentos de cerámica castrexa e restos de outras especies animais como mexillóns, lapas, ourizos, caracolas etc.
Este concheiro foi estudiado polo profesor da Universidade de Santiago D. José Manuel Vazquez Varela, e recollido no libro “El conchero del castro de Queiruga (La Coruña)”
En xeral este castro atópase en moi mal estado, sufrindo agresións constantemente, sacando diversos tipos de cerámica, polos visitantes a cotío, incluso se chegou a facer un peche por encima da zona defensiva.
Paseando por el, pódense observar moitos cachiños de cerámica, como restos de fundición de ferro, espallados pola superficie.
Ultimamente, cada ano chegan promesas para recuperalo, pero todo queda en iso, promesas.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15071011
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2009/08/06/0003_7891163.htm
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PORTODOSON/documents/0338CA002.pdf
http://www.portodoson.org/index.php/component/content/article/96-varios/71-ver-pxom
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
En xeral este castro atópase en moi mal estado, sufrindo agresións constantemente, sacando diversos tipos de cerámica, polos visitantes a cotío, incluso se chegou a facer un peche por encima da zona defensiva.
Onde está localizado
Latitude: 42.669341585095964Lonxitude: -9.040353298187255
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Elixio says:
Ago 13, 2012
Podémos velo catalogado no Pxom do Concello do Porto do Son do 2012, xunto con outros castros en:
http://www.portodoson.info/PXOM_PDSON/PXOM_PORTODOSON.htm
tomo IV. Bens culturais. Xacementos arquolóxicoas. Tipoloxía castros.