
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Porto do Son
Parroquia: Queiruga (Santo Estevo)
Lugar: Bilicosa - Queiruga
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Realizado en granito, trátase dun cruceiro de capela. Posúe cruz cruciforme con remates decorados e con pedestal, coas figuras de Cristo crucificado, con tres cravos, inclinando a cabeza cara á dereita, as mans abertas e con coroa de espiñas. Pano de pureza suxeito á esquerda e INRI (cartela), en o reverso a Virxe en actitude de orar, coas mans xuntas, coroada e sobre peana de un anxo con asas; capela ornamentada con tellado abovedado, imaxes en alto relevo dun bispo e San Xoán Bautista en o interior Santa Tareixa; fuste octogonal con adornos nos chafráns; base cuadrangular; plataforma cuadrangular de dous graos.
Fotos: J.C.Sueiro
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PORTODOSON/documents/0338CA002.pdf
http://www.portodoson.org/index.php/component/content/article/96-varios/71-ver-pxom
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.67880332489177Lonxitude: -9.016739130020141
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Nov 19, 2018
O día de Santa Tareixa decoran o cruceiro con flores e adovíos.
Contan os veciños que un cura que vivíu no lugar mandou cambialo de sitio para poñelo no que está na actualidade.
Información tirada da seguinte referencia bibliográfica:
MARIÑO DEL RÍO, M. Os cruceiros de Porto do Son. Ed. Comisión de Festas do Carme, 2005