Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Folgoso do Courel
Parroquia: Esperante (San Pedro)
Lugar: Esperante
Outra denominación do ben: Castro do Lago
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro, que tamén se chama Castro do Lago, está nun esporón rochoso por enriba dun profundo meandro que fai o río Lor ao seu paso cerca da aldea de Esperante. Está mesmo despois de pasar a ponte, e en fronte á entrada do Camping de Esperante, aínda que unha pequena canteira para sacar laxes de pizarra fai que se confunda con un talude , pois o entorno foi cortado por esta obra e a estrada. No castro atopáronse restos de cerámica e un muíño de man incompleto. Unha vez no medio do castro que está inzado de matogueira pódense apreciar os restos das casas circulares feitas con laxes de pizarra. Según o historiador Gil Mato na finca do Lago, onde se asenta o camping, mesmo en fronte ao castro, houbo unha explotación aurífera romana.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Vázquez Saavedra, Mercedes. O Courel, Guías Galaxia. Ed Galaxia. ISBN 84-8288-634-7, 2003. (páxina 27 )
http://www.serradocourel.es/poblaciones_archivos/esperante.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.64316146601955
Lonxitude: -7.135255336761475
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84