
Outra fotografía:
Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Outes
Parroquia: San Tirso de Cando
Lugar: Insua
Outra denominación do ben: Pedra Serpal
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Pedra de enormes dimensións no límite do concello de Outes con Negreira, a 400 m. de altitude. Esta pedra é visible dende a entrada da ría de Noia e ten unha inconfundible silueta de aleta de quella vista dende o lonxe. Esta pedra no alto da montaña preto do Castelo de Insua, axudaba os mariñeiros a enfilar o rumbo para meterse ría adentro e marcar tamén sitios de pesca e outros fitos. A visión de toda a ría é tal, que vemos por completo a desembocadura do Tambre e temos comunicación visual co Castelo de Nimo (Lousame), Monte Louro (Muros), Porto do Son e Castelo de Portomeiro (Val do Dubra) entre outros lugares. A pedra ten ademáis moitas historias populares, como a de que as cabras subían e logo non baixaban, podía ser pola forma curvada que se deixa subir con dificultade, pero unha vez enriba non ves o camiño por onde subiches. O PXOM de Outes non a mete na liña de protección do Castelo de Insua por escasos metros.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2009/12/19/republicas-de-homes-libres-o-castelo-de-insua/
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA002.PDF
http://www.panoramio.com/photo/22233576
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8479833577Lonxitude: -8.84517431259
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


(5 votos)
620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





2 comentarios
jmillares says:
Xul 6, 2011
Tamén lle chaman Pedra Serpal, non?
carmela says:
Xul 14, 2011
Si, pero ao parecer pola zona é máis común Berveo que Serpal