Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Esgos
Parroquia: Os Pensos (San Pedro)
Lugar: Pardeconde
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Fonte en desuso, de construción popular en pedra sobre cachotería. Estaba composto por o pozo ou fonte, na que nacía a auga (hoxe tapada), de ela a auga pasaría a un pequeno estanque, para facilitar a súa recollida, a auga sobrante, por último, pasaría a zona para lavar a roupa, con plataforma inclinada para refregar.
Pardeconde está dividido en dous por un pequeno río, esta e a división entre os concellos de Esgos e Xunqueira de Espadañedo.
Esta fonte xa debe de existir dende fai moito tempo, pois xa sae mencionada nun apeo da Jurisdicion de Xunqueira de Espadañedo de 1703, na que se indica a demarcación entre San Pedro de Rocas (Esgos) e
Santa María de Xunqueira de Espadañedo, onde podemos ler:

“…. abajo hasta dar en el rio que vaja de la sierra y va por entre los dos lugares de Parada de conde.
Y llegado a dho rio ba por avajo de por medio hasta llegar a la fuente comun donde beven todos los
vezinos de dhos lugares que esta a la orilla de dho rio y en medio de ellos”.

(” Apeo de la Jurisdicción de Junquera de Espadañedo y de los cotos de vilariño y Bascos, hacienda del Pereiro, Lugar del Penedo, Bouzavedra y sabadelle, por ante Francisco
Garrido, escribano de Maceda, siendo Abad del Monasterio Fr. Froiian Fernandez, hijo del Monasterio”. 1703. 4 hojas. 391 Fols, 3l x 22 cm., Fol. 19 ¡. hasta Fol 22 r.
A.H.P.O. Clero, Libro 786).

Información: Antón Rodicio: Vía Romana de Astorga a Ourense Por El Castro Litoria (1995 no boletín Auriense)


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ESGOS/documents/26716ca118.pdf (Pax.1)

Antón Rodicio: Vía Romana de Astorga a Ourense Por El Castro Litoria (1995 no boletín Auriense)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Fixéronse dúas casas cerrando o camiño de entrada que tiña a fonte.
Hoxe é algo complicado chegar a ela, tendo que facerlo por un carreiro.


Onde está localizado

Latitude: 42.3457448424242
Lonxitude: -7.65045672655105
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84