Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Vimianzo
Parroquia: San Pedro de Berdoias
Lugar: Santa Cristiña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Esta ermida está formada por uns bós perpiaños de granito que conforman unha pequena nave de planta rectangular e unha capela maior con planta cadrada. A capela ten pola parte sueste un pequeno van rectangular de luz e o seu teito é a dúas augas ao igual ca nave. Esta ten unha porta lateral cunha solaina tamén pola parte sueste. A súa fachada é moi sinxeliña, presentando un esquema pentagonal, no que, situándose sobre un eixo vertical, sucédense a porta de entrada, rectangular e alintelada, unha pequena fornela que dá abeiro a unha maceta de frores e un pequeno van de luz rectangular, rematandoo a cornixa a dúas augas e sobre esta unha pequena espadana dun oco na que vai unha pequena campá coroada por unha cruz de pedra.
Despois da misa solemne da romaxe afinais de xullo, os romeiros levan terra do pé do seu altar para abenzoar as leiras.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.085652432196184
Lonxitude: -9.079993665218353
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84