Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Porto do Son
Parroquia: Caamaño (Santa María)
Lugar: Lagoela, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Segundo nos conta Xerardo Agrafoxo en: Asentamentos Castrexos no Partido Xudicial de Noia , 1981 : “Un acantilado rodea a illa onde se atopa o castro. As caras do suroeste presentan un parapeto de pedra e de terra, que reforza a parte do acantilado de menor altura e que se une á costa durante a baixamar. No parapeto atópase cerámica de tipo castrexo. Non se recolleu nada de folclore. E o único castro do partido xudicial de Noia que está emprazado nunha illa”. Non é doado chegar a el cando hai preamar pois a auga rodéao por completo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA 15071013
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Agrafoxo Pérez, Agrafoxo. Carta Arqueolóxica do Partido Xudicial de Noia (Terra de Barbanza). Tesiña de Licenciatura. 1981
http://www.portodoson.info/web/
(apartado : Memoria, Ordenación, Tomo V, Catálogo de Bens Culturais) pax 333 do pdf
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PORTODOSON/documents/0338CA002.pdf
(páxina 1)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6617506415
Lonxitude: -9.04277801514
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84