
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Porto do Son
Parroquia: Queiruga (Santo Estevo)
Lugar: Portela de Gourís,
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
“O sistema defensivo está formado por tres outeiros unidos entre si por un parapeto, nalgúns casos apenas visible. O parapero ten 3 metros de ancho. Está esmorecido nalgunha parte ao pasar por enriba del un camiño que leva ao interior do recinto. O folclore fálanos deste castro como refuxio do xacemento de Porto Nadelas”. Así describe o libro de Agrafoxo este castro que está a 262 m. sobre a costa e cunha vistas impresionantes sobre o océano e o horizonte. Tamén se coñece como “a Torre”, une as rochas dos outeiros para incluílas como defensas. A día de hoxe está izado de toxo é non e doado entrar. Na subida da cara que mira ao mar grandes penedos amosan moitos agochos en ocos da pedra feitos pola erosión e cavidades entre as pedras que fan o lugar moi impoñente.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA 15071015
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Agrafoxo Pérez, Agrafoxo. Carta Arqueolóxica do Partido Xudicial de Noia (Terra de Barbanza).
Tesiña de Licenciatura. 1981
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PORTODOSON/documents/0338CA002.pdf
(páxina 1)
http://www.portodoson.info/PXOM_PDSON/PXOM_PORTODOSON.htm
(apartado : Ordenación, Tomo IV, Catálogo de Bens Culturais)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6670538286Lonxitude: -9.01762962341
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Elixio Vieites says:
Ago 21, 2012
Para ler un pouco dos petróglifos cerca da Portela de Gourís:
http://xurl.es/jjba8
elixiovieites says:
Mai 19, 2013
Mapa de pendentes Lidar 2009 do Castro da Lagoa ou da Torre de Gourís, extremo esquerdo e abaixo de todo http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0119A-0508.pdf