Outra fotografía:

Tipo de ben: Obradoiro artesanal tradicional,
Concello: Meaño
Parroquia: Dena
Lugar: Seixiños
Outra denominación do ben: Telleira de Noya
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Atópase na chamada Ría de Dena na desembocadura do río Chanca, nunha área xeolóxica de acumulación de arxila. Dende Castrelo ata o Grove houbo ata 28 telleiras.
A uns metros había unha serrería da que aínda quedan estructuras.
As paredes son de cachotes de pedra e dobres, vanse facendo máis estreitas na parte superior.
Ó forno é de planta cadrada cunha estructura prismática ou tronco-piramidal, quedando unha parte por debaixo da terra.
No interior as paredes son cilíndricas e estan revestidas con ladrillo e barro (materiais refractarios).
Ó norte atópase a porte de encañar, e ao sur a porta de desencañar. Esta última atópase pechada con ladrillo (só se abre no momento de utilizala).
Na parte externa do muro este, ten uns chanzos de pedra que permiten o acceso á parte superior do forno, para dende alí poder controlar a cocción.
Na parte superior esta a cuberta cunha cúpula feita de ladrillo cunhas xanelas. A cúpula remata en cheminea.
Pola parte oeste está pechada por un muro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

Na zona norte a uns metros había un embarcadoiro que compartía coa serrería para o transporte do material.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Fai uns anos os propietarios a pecharon por un muro porque os xovenes se xuntaban alí a facer “botellón”. Este muro non afecta a telleira.


Onde está localizado

Latitude: 42.45619780495206
Lonxitude: -8.821055889129639
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84